miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo

Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo
Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo

A concelleira de Medio Ambiente sinala que “este tipo de suxeicións están tendo unha gran acollida entre a veciñanza, pois aseguran os contedores ao lugar e tamén evitan que poidan desprazarse accidentalmente no caso de vento ou temporal”

O Concello de Noia continúa coa instalación de dispositivos de anclaxe e cerramento de contedores de lixo no municipio, un plan no que a Concellería de Medio Ambiente leva investidos case 20.000 euros no último ano. A concelleira Ángela Neri explica que “nestes días anclamos dous puntos de contedores de lixo nas rúas Perito San Basilio e San Breixo, e a nosa intención é seguir colocando máis anclaxes en distintos lugares de Noia durante as próximas semanas”.

A concelleira de Medio Ambiente sinala que “este tipo de suxeicións están tendo unha gran acollida entre a veciñanza, pois aseguran os contedores ao lugar e tamén evitan que poidan desprazarse accidentalmente no caso de vento ou temporal”. Os dispositivos instalados nas rúas Perito San Basilio e San Breixo constan dunha columna central na parte posterior do depósito que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor e evita o seu movemento.

Neri Arufe apunta que “estas dúas suxeicións únense ás realizadas en novembro na rúa Vista Fermosa e aos cerramentos que fixemos na avenida da Coruña, Espírito Santo, Pedra Santaña e Frai Lois Rodríguez. Unhas actuacións nas que levamos investidos preto de 20.000 euros e que imos continuar acometendo nas próximas semanas”.

Comentarios
Lo más