miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Protección Civil de Negreira conta cun novo carro de emerxencias

Protección Civil de Negreira conta cun novo carro de emerxencias
Protección Civil de Negreira conta cun novo carro de emerxencias

Neste acto, tamén foron entregados dous vehículos todoterreo tipo pick-up aos concellos de Teo e Ames

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Xunta de Galicia, entregou o pasado mércores á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Negreira, un remolque de emerxencias, destinado á agrupación, que ve así, reforzado o seu equipamento para a atención en situación de emerxencias.

Este acto celebrado en A Coruña, contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Por parte do Concello de Negreira, participaron na entrega, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e Jonathan Carballo, coordinador de Protección Civil de Negreira.

Neste acto, tamén foron entregados dous vehículos todoterreo tipo pick-up aos concellos de Teo e Ames.

Comentarios
Lo más