miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Anxo Lorenzo participou na inauguración da exposición ‘Proxecto Libertas’ no Museo Camilo José Cela

Anxo Lorenzo participou na inauguración da exposición ‘Proxecto Libertas’ no Museo Camilo José Cela
Anxo Lorenzo participou na inauguración da exposición ‘Proxecto Libertas’ no Museo Camilo José Cela

O obxectivo destes obradoiros é colaborar nunha educación de igualdade e tolerancia e no desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e interpersoais

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou onte na Fundación Camilo José Cela na inauguración da exposición Proxecto Libertas, organizada polo Centro PEN Galicia e o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, o Concello de Padrón e o IES Macías o Namorado desta localidade.

Esta exposición, que se pode visitar ata o vindeiro 2 de marzo, contará con visitas guiadas polo presidente do IMER (os días 1 e 15 de febreiro e 1 de marzo, ás 17,00 horas) e cunha ampla proposta didáctica organizada polo Centro PEN Galicia e o IMER, que abordará temáticas como a represión nas artes, o machismo e o fomento da diversidade, dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato e que terán lugar todos os venres de febreiro e o 1 de marzo polas mañás (máximo 30 alumnos, imprescindible reserva previa). 

O obxectivo destes obradoiros é colaborar nunha educación de igualdade e tolerancia e no desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e interpersoais que favorezan actitudes que rexeiten da violencia, os prexuízos e os comportamentos sexistas e discriminatorios.

Comentarios
Lo más