miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Apróbase a moción do BNG para mellorar o local do Carballal e crear un parque biosaudábel e unha área de xogos infantís

Reclaman tamén un punto informático con acceso a internet

O BNG presentou unha moción, que foi aprobada por unanimidade, para trasladar as demandas da asociación veciñal “O Pasadoiro”, do Carballal, para a mellora e acondicionamento do local social e para crear unha zona con parque biosaudábel para maiores e área de xogos infantís.

A asociación veciñal “O Pasadoiro” puxo en coñecemento do grupo municipal do BNG unha serie de reivindicacións que a veciñanza considera necesarias para as persoas que viven nas aldeas do rural, en concreto da parroquia de Carballal.

Segundo explicaron, o local social precisa unha reforma, pois o mobiliario se atopa bastante deteriorado, ademais de reclamar un punto informático con conexión a internet e un novo taboleiro de anuncios.

A veciñanza do rural tamén precisa lugares de esparexemento e por iso demandan un parque biosaúdabel e unha área de xogos para as crianzas da contorna.

Esta moción presentada polo BNG no Pleno de xaneiro contou co apoio de todos os grupos da Corporación municipal.

Comentarios
Lo más