Santiago acolle a I Xornada de Participación Xuvenil
A xornada divídese en dúas partes
Sete entidades de Santiago e ao redores organizan hoxe sábado 19 a I Xornada de Participación Xuvenil. Terá lugar nas instalacións de Don Bosco e a ela asistirán case un centenar de adolescentes de entre 14 e 18 anos de idade.
Nesta xornada de convivencia, os mozos e mozas que desenvolven a súa actividade en distintas organizacións poderán coñecerse, crear vínculos e fornecer o tecido asociativo para realizar traballo en conxunto.
A xornada divídese en dúas partes: pola mañá haberá un espazo formativo onde se impartirán dous cursos de interese para os xóvenes, aprendizaxe baseado en xogos e mobilidade xuvenil Erasmus +, e pola tarde realizarase unha dinámica de coñecemento das entidades e da súa labor á comunidade. En total, a actividade desenvolverase de 11:00 a 19:00 horas.
Organizan e participan varias entidades que contan cun grupo de participación xuvenil na cidade de Santiago e ao redores: Cruz Vermella, Don Bosco, Cáritas, Grupo Scout ASDE, Asociación Feitizo, Espazo Aberto Galicia e Rede de Centros Cívicos Santiago de Compostela.
A participación é un dereito recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos; neste sentido, a participación xuvenil na sociedade é vital tanto para a propia sociedade na que viven como para o seu propio desenvolvemento persoal e implica fomentar valores, a autonomía, a conciencia crítica e a activación para construír un mundo mellor.