miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea insta ao Goberno de Noia a que solucione a falta de tramitación das sancións de tráfico

A Marea insta ao Goberno de Noia a que solucione a falta de tramitación das sancións de tráfico
A Marea insta ao Goberno de Noia a que solucione a falta de tramitación das sancións de tráfico

Dende hai máis de dous anos, as únicas sancións recaudadas por parte da Administración Local son aquelas pagadas durante o período voluntario

A Marea Cidadá de Noia esixe ó Goberno de Santiago Freire que poña fin "á situación de parálise que se está a dar na xestión das sancións de tráfico por parte do Concello".

Dende hai máis de dous anos, as únicas sancións recaudadas por parte da Administración Local son aquelas pagadas durante o período voluntario, "xa que a ausencia de persoal está a impedir a apertura do prazo executivo".

Ademais do problema recaudatorio que isto supón para o Concello, que non ingresou en dous anos ningunha sanción fóra do prazo voluntario, isto está a crear tamén unha complicación para os axentes da Policía Local, que ven progresivamente mermada a súa Autoridade.

Comentarios
Lo más