Estudantes do IES Milladoiro coñecen o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago
Visitaron onte a incubadora empresarial de Costa Vella 28 estudantes de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do IES Milladoiro
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela iniciou unha campaña de fomento do espírito emprendedor cooperativo no ámbito educativo de Santiago e a súa área metropolitana.
Visitaron onte a incubadora empresarial de Costa Vella 28 estudantes de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do IES Milladoiro, que ademais asistiron a unha charla divulgativa sobre emprendemento cooperativo.
O obxecto da actividade é estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo.
Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.