CxG demanda avances no proxecto da rotonda de Conxo
Compromiso denuncia a falta de novas sobre o Convenio con Fomento
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, vén de preguntar polo proxecto da rotonda de Conxo.
Os galeguistas ven con preocupación que non se vexan avances nun proxecto tan necesario para o barrio de Conxo, como é a humanización da rotonda, que a día de hoxe parte en dous o barrio.
En novembro anunciouse un convenio con Fomento do que nada se sabe e consideramos que esta obra xa se dilatou moito demáis polo que cómpre canto antes presentarlle á veciñanza o proxecto definitivo co fin de poder executalo no menor prazo posible.
Segundo Bascuas, “a administración do Estado ten unha débeda histórica co barrio de Conxo e dende Compromiso por Galicia esiximos que se solucione isto canto antes”