Falece unha persoa en Carballedo ao caerlle unha árbore encima
19:38 17/01/19
19:38 17/01/19
O suceso tivo lugar sobre as 17:25 horas no lugar da Laxa, na parroquia de Cartelos
Unha persoa perdeu a vida esta tarde no termo municipal lucense de Carballedo despois de que unha árbore lle caese encima. Os feitos tiveron nunha leira do lugar da Laxa, na parroquia de Cartelos.
Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 17:25. A partir de aí, o persoal do CIAE-112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, desde o 112 Galicia se pasou o aviso á Garda Civil e a Protección Civil.
Unha vez na leira, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.