miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames xa informa sobre os pagos do servizo de conciliación

Ames xa informa sobre os pagos do servizo de conciliación
Ames xa informa sobre os pagos do servizo de conciliación

O Concello informa que os recibos do servizo de conciliación serán pasados o vindeiro 28 de xaneiro

Fai un par de semanas COMPOSTELA24HORAS facíase eco sobre as queixas de pais e nais sobre os retraos nos recibos dos servizos de conciliación familiar que ofrece o Concello de Ames. Nese momento, as familias amosaban a súa preocupación sobre o inminente cargo de recibos de setembro e outubro xuntos de  comedores escolares e algúns do servizo de lúdico.

David Santomil, concelleiro de Educación e Cultura, tivo que saír ao paso das críticas para informar sobre a situación da mesma e falar do sistema de cobro que implantou o seu departamento. Nun correo remitido ás ANPAS e a este medio, Santomil explica que durante os primeiros cinco días do mes seguinte o concello elabora un censo de cobro para posteriormente pasar ao departamento de Tesourería.

Os cobros se ralizarán entre os días 20 e 30 do mes seguinte, é dicir, os pagos do mes de novembro se farán a finais de decembro, os de decembro nos últimos de xaneiro... 

O Concello na súa páxina web xa informa que os recibos do mes de decembro serán pasados o vindeiro 28 de xaneiro, desta maneira queren avisar ás familias sobre os cargos que verán reflexados na súa conta bancaria e así informar da situación que está vivindo o departamento de Educación

Comentarios
Lo más