miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A pianista xaponesa Hilomi Sakaguchi dará unha masterclass no Conservatorio de Ribeira

A pianista xaponesa Hilomi Sakaguchi dará unha masterclass no Conservatorio de Ribeira
A pianista xaponesa Hilomi Sakaguchi dará unha masterclass no Conservatorio de Ribeira

Imparte docencia no Conservatorio Jaques Thibaud desa cidade, referente mundial tamén no mundo do saxofón

Esta vindeiro fin de semana (venres 18 e sábado 19) terá lugar no Conservatorio Municipal un novo encontro da Aula Galega de Saxofón no que, ademais das habituais master class impartidas polo galego afincado nas Illas Baleares Rodrigo Vila, contará coa visita a Riveira da pianista Hilomi Sakaguchi.

Hilomi Sakaguchi é de orixe xaponesa pero afincada en Francia por máis de vinte anos, en concreto Burdeos.

Imparte docencia no Conservatorio Jaques Thibaud desa cidade, referente mundial tamén no mundo do saxofón.

Cabe destacar que Hilomi é unha das pianistas máis relevantes a nivel mundial en canto a especialistas no repertorio do saxofón, repertorio, cómpre dicilo, de gran dificultade e complexidade.

Ademais de acompañar nas audicións aos alumnos da Aula (venres 18 ás 20:30 horas e sábado 19 ás 20:00 horas), Hilomi tivo a deferencia de aceptar impartir unha master class para pianistas que será o venres ás 19:30 no salón de actos do Conservatorio.

A entrada para as audicións é de balde, e se sempre vale a pena ver aos novos saxofonistas progresar na súa formación grazas ás ensinanzas do profesor Rodrigo Vila, esta vez hai un plus por poder velos acompañados pola impresionante pianista Hilomi Sakaguchi, todo un luxo para eles e para o público.

Comentarios
Lo más