miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden a reparación das beirarrúas de Montero Ríos

Piden a reparación das beirarrúas de Montero Ríos
Piden a reparación das beirarrúas de Montero Ríos

O grupo Municipal Popular recolleu numerosas queixas dos veciños e usuarios desta zona, que aseguran que, polo menos, unha decena de pezas están partidas e inestables

Os populares solicitarán ao Goberno de Compostela Aberta no Pleno de hoxe xoves que leve a cabo, canto antes a reposición de distintas pezas do pavimento danado das beirarrúas da rúa Doutor Teixeiro, en especial no tramo que discorre entre a Praza de Galicia e a rúa da República de El Salvador, co fin de evitar posibles accidentes.

A rúa do Doutor Teixeiro, especialmente no seu tramo entre a confluencia da rúa Montero Ríos coa Praza de Galicia e a Rúa República de El Salvador, presenta varias pezas de pavimento da beirarrúas quebradas o que dificulta a circulación peonil e constitúe un elemento de inseguridade viaria debido ás irregularidades de nivel e a inestabilidade do firme que ocasionan.

O grupo Municipal Popular vén de recoller numerosas queixas dos veciños e usuarios desta zona, os que aseguran que, polo menos, unha decena de pezas están partidas e inestables, co agravante de que algunhas delas se atopan xusto nas zonas de acceso a populares establecementos de moda e complementos e de alimentación situados a ambos lados da rúa.

Estas zonas da rúa son as máis perigosas, posto que son as que, a diario, rexistran unha elevada afluencia de clientes, que contribúen a incrementar o xa considerable tránsito de persoas desta céntrica rúa, co conseguinte risco para a integridade física do conxunto da poboación.

Comentarios
Lo más