Xoán Bascuas reúnese cos veciños do barrio de Sar
Compromiso coñeceu de primeira man a situación das actuacións pendentes no barrio
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros do espazo veciñal de Sar mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas actuacións pendentes no barrio.
Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual do barrio, sobretodo a problemática dos vaos, a humanización, regulación do tráfico nalgunhas zonas do barrio, así como a dotación de servizos ou a necesaria mellora no sistema de depósito do lixo, as obras de Castrón Douro e a controvertida situación dos aloxamentos turísticos.
Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e esperan unha pronta solución os distintos problemas do barrio.