miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa trasladada en Sanxenxo a causa de incendiarse o coche que conducía

Unha persoa trasladada en Sanxenxo a causa de incendiarse o coche que conducía
Unha persoa trasladada en Sanxenxo a causa de incendiarse o coche que conducía

Sucedeu no lugar de Gondar de Arriba, ao fío das 21:00 horas

Unha persoa resultou ferida esta noite tras incendiarse un coche en Sanxenxo.

Sucedeu no lugar de Gondar de Arriba, ao fío das 21:00 horas. Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)112 Galicia que tivo constancia do incendio a través varias chamadas de persoas particulares, informaba aos Bombeiros do Salnés, á Policía local e ao GES de Sanxenxo. Así mesmo, foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, tras solicitar os axentes da Policía asistencia sanitaria para o conductor.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a extinción do lume por parte dos membros do GES. Foi este servizo o que indicou ao 112 Galicia que a persoa fora trasladada polo persoal sanitario, ao resultar ferida despois de saltar do coche -en marcha- por mor de quedar sen freos e chocar contra unha árbore.

Comentarios
Lo más