Chegan as chuvias a Compostela
08:00 16/01/19
08:00 16/01/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 11ºC
Na xornada do mércores unha fronte pouco activa atravesará Galicia, traendo consigo un aumento de nubes e precipitacións febles, que comezarán polo oeste da Comunidade e que se irán estendendo ó resto co transcurso do día.
A cota de neve situarase ás últimas horas nos 1000-1200 metros.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán entre un lixeiro a moderado descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 11ºC.
Os ventos soprarán frouxos en xeral, ó principio serán do sudoeste e irán rolando a nor-noroeste co paso da fronte.