Volven os Espazos para Reflexionar cunha nova sesión centrada na adolescencia
A charla tamén será conducida pola pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia, Yolanda Gómez Bombín
Tralo éxito do Espazos para reflexionar realizado o pasado novembro sobre adolescencia e sexualidade, o salón de actos do IES do Milladoiro acolle a partir das 17.30 horas unha segunda entrega sobre este tema, que tamén será conducida pola pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia, Yolanda Gómez Bombín.
O proxecto de Espazos para Reflexionar, que naceu o curso anterior da man da ANPA Milla en colaboración co instituto do Milladoiro, abarca este ano a toda a comunidade educativa da localidade, ao contar coa implicación das ANPAS das escola infantil A Galiña Azul Figueiras – Ames, da escola infantil municipal A Madalena, da EEI Millapeques e da ANPA As Brañas do CEP de Ventín.
Este mércores, 16 de xaneiro, celebrase unha segunda charla sobre a adolescencia, dirixida pola pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia, Yolanda Gómez Bombín, dentro do programa Espazos para reflexionar.
Nesta ocasión, o espazo estará enfocado na adolescencia e na importancia de decodificar as necesidades dos mozos que se atopan nesta etapa, potenciando a súa autonomía. Así, se ven Yolanda Gómez xa tratou este tema nunha primeira charla celebrada en novembro sobre como a sexualidade forma parte do proceso de construción do ser humano e da persoa, nesta ocasión tentarase afondar incluso máis nesta etapa.
Asemade, trataranse varias visións e ferramentas para entender como afecta o acceso ao sexual dos xoves, tanto de maneira física como virtual.
Ao igual que en anteriores charlas, o obxectivo será que as propias familias compartan as súas experiencias, expectativas e ideas para concluír aprender xuntos a mellor forma de achegar este tema ás e aos adolescentes. Os Espazos están dirixidos principalmente a nais e pais, avoas e avós ou persoas que queiran ter fillas e fillos.