miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xerencia de Santiago celebra o 50 aniversario da famosa proba do talón

A Xerencia de Santiago celebra o 50 aniversario da famosa proba do talón
A Xerencia de Santiago celebra o 50 aniversario da famosa proba do talón

O laboratorio situado no hospital Clínico, que é o encargado de analizar todas as mostras dos nenos galegos que acaban de nacer, é unidade de referencia nacional (CSUR) e europea (MetabERN)

O cribado neonatal ou proba do talón cumpre 50 anos dende a súa implantación en España. Este programa de saúde pública permite identificar unha trintena de trastornos tratables en recén nados, a maioría de índole xenética e que afectan ao metabolismo, antes da aparición de síntomas, o que evita que xurdan secuelas irreversibles. 

Para celebrar este primeiro medio século dende a súa implantación, a Fundación Ramón Areces e o Centro de Investigación Biomédica en Red de Enfermedades Raras (Ciberer) reúne, en Madrid, aos expertos de maior recoñecemento na materia entre as que está Luz Couce, xefa do servizo de neonatoloxía da XXIS.

A doutora Couce, na súa intervención recordou como “antes do cribado neonatal moitos pacientes falecían ou quedaban con secuelas sobre todo neurolóxicas moi graves, con atraso psicomotor profundo, tamén a veces con outras manifestacións como fallo hepático severo, cardíaco...”, “Co cribado neonatal ampliado podemos evitar ou previr o desenvolvemento destes síntomas e que sexan nenos asintomáticos ao efectuar un diagnóstico precoz e un conseguinte tratamento precoz”, engadiu.

Ao seu xuízo, os programas de cribado neonatal constitúen un dos avances máis significativos que se teñen producido na saúde pública, permitindo que actualmente case 400.000 nenos en España se beneficien en cada ano destes programas. Tamén destacou que a súa práctica xeneralizada, cunha cobertura de practicamente o 100% dos recén nados peses a non existir obrigatoriedade de realizar este tipo de estudo no noso país “significou un dos grandes logros asistenciais en pediatría.

SANTIAGO, REFERENCIA NACIONAL E MUNDIAL

Galicia foi a primeira comunidade de España en realizar o cribado ampliado e hoxe en día segue liderándoo a nivel mundial. O laboratorio situado no hospital Clínico, que é o encargado de analizar todas as mostras dos nenos e nenas galegos/as que acaban de nacer, é unidade de referencia nacional (CSUR) e europea (MetabERN). Desde o seu iniciou, analizáronse máis dun millón de recén nados e grazas a el case 1.000 nenos e as súas familias beneficiáronse da existencia deste cribado.

Hoxe en Galicia ter unha fenilcetonuria, un hiportiroidismo conxénito, unha CADD, unha deficiencia de biotinidasa ou un xarabe de arce, por poñer uns poucos exemplos, no implica ter discapacidade nin unha mala calidade de vida (incluso perdela) senón que son persoas perfectamente formadas e intregradas no recido productivo social.

A área sanitaria de Santiago de Compostela é líder no diagnóstico e tratamento das enfermidades raras ou minoritarias. Foi designada Centro Experto Europeo pola Comisión Europea en 2017. As ERNs (Red Europea de Referencia) son unha aposta da Comisión Europea para unir centros sanitarios cunha alta especialización en determinadas enfermidades raras. 

Xorden da solicitude das federacións europeas de pacientes con enfermidades raras para acadar un sistema que permita ás persoas de calquera parte da UE ser diagnosticadas e tratadas coas máximas garantías. 

Enmarcadas dentro da directiva da Unión Europea relativa aos dereitos dos pacientes na asistencia transfronteiriza, os centros expertos serven como polos de investigación e coñecemento para a atención ás enfermidades raras en cidadáns de diferentes países da UE, garantindo a dispoñibilidade dos tratamentos necesarios independentemente da procedencia do paciente.

A doutora Couce compartiu foro con Federico Mayor Zaragoza, presidente do consello científico da Fundación Ramón Areces, promotor da proba do talón no sistema sanitario español; Aitor Calero, presidente da Federación de Enfermidades Metabólicas Hereditarias; Belén Pérez, do centro de Diagnóstico de Enfermidades Moleculares da Universidade autónoma de Madrid; e a doutora Carmen Ayuso, da Fundación Jiménez Díaz.

Comentarios
Lo más