miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sete triunfos na primeira xornada do ano nas categorías inferiores do SD Compostela

Sete triunfos na primeira xornada do ano nas categorías inferiores do SD Compostela
Sete triunfos na primeira xornada do ano nas categorías inferiores do SD Compostela

O Cadete A segue como acabou o curso e o filial recuperou sensacións na súa estrea

As categorías inferiores da SD Compostela, do mesmo xeito que o primeiro equipo, volveron esta fin de semana á acción tralo parón do Nadal. Os pequenos branquiazuis estrearon o novo ano con sete triunfos en doce partidos, destacando os do Zona Vella, Xuvenil B e o dobrete dos cadetes.

En primeiro lugar, o filial regresou á boa senda tras un mal final de 2018. Na estrea, o Zona Vella superou por 1-3 ao Laro CF, nun partido no que remontou o tanto inicial e acabouse levando o triunfo. Diego Crego, Jesús Yañez e Manuel Pardo anotaron no segundo acto para remontar o tanto inicial local. Tralo triunfo o equipo marcha sétimo con 29 puntos, antes dunha semana na que xogará un dobre choque de local contra rivais directos. Mañá ante o Cire Melide, sexto, e o domingo contra o San Mamed, oitavo.

Non tivo esa mesma sorte o Xuvenil A, quen encandeou dúas derrotas seguidas por primeira vez na tempada. Tras perder contra o Lalín na última xornada da primeira volta, os branquiazuis repetiron resultado contra o Conxo, caendo por 0-3 nas Cancelas. Con este resultado, os nosos baixan ao terceiro posto da táboa, malia que poderán volver á zona de ascenso se superan esta fin de semana á SD O Val, segundo clasificado.

Por contra, o Xuvenil B si conseguiu un magnífico resultado na súa visita ao CSD Arzúa. Os nosos sorprenderon a un dos mellores equipos da liga superándoos por 1-2, grazas a unha gran remontada na última media hora. Juan Amigo empatou o duelo no minuto 65 e o cadete Iker Carril selou o tanto da vitoria no 80. Con este resultado, marchan undécimos aínda que están a tan só catro puntos do quinto.

Mantendo a dinámica do final do 2018, os dous equipos cadetes selaron un novo dobrete de triunfos que lles permite manter as súas boas posicións na liga. O Cadete A, líder intratable ata a data, superou pola mínima, 1-0, ao Bertamiráns para manter os tres puntos de vantaxe sobre o segundo. Iker Carril anotou o tanto dos branquiazuis para a décimo sétima vitoria. Mentres, o Cadete B goleou por 0-6 ao Amio para seguir enganchado á pelexa polo ascenso. Os nosos, tras este triunfo con goles de Alejandro Parga (2), Gorka Madariaga, Xaime Paz, Iago Fernández e Lois Lortes sitúanse quintos, a tres puntos do terceiro.

En infantís, o A deu a cara, unha vez máis, contra o Victoria FC, cuarto na táboa, caendo por 1-2 nos últimos minutos. Iván Vilaseco empatou o duelo no 67, pero os visitantes marcaron a cinco de terminar. Pola súa banda, o Infantil B conseguiu outra nova vitoria, por 3-7 ante o Vista Alegre, para manter o quinto posto na liga. Ruibo Yang, Jorge Vázquez (2), Giovanny Galo, Tomas Munge, David Estévez e Valentino Becerra anotaron para os branquiazuis.

En fútbol 8, o Alevín A acabou a liga con derrota ante o Villestro, mentres que o B perdeu tamén contra o Racing San Lorenzo, nun duelo entre segundo e terceiro. Por contra, os benxamíns lograron un dobrete de vitorias. O Benxamín A superou ao La Salle no primeiro encontro do playoff de descenso, mentres que o B gañou ao Atlético Fátima.

Por último, os prebenxamíns acabaron as súas ligas de inverno esta fin de semana con derrota do A fronte ao Villestro, mentres que o B descansou nesta última xornada.

Comentarios
Lo más