miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home nunha leira en Vilasantar ao caerlle unha árbore enriba

Falece un home nunha leira en Vilasantar ao caerlle unha árbore enriba
Foto de arquivo
Falece un home nunha leira en Vilasantar ao caerlle unha árbore enriba

Sucedeu no lugar de Raído, ao fío das 19:00 horas

Un home perdeu a vida a pasada tarde no concello coruñés de Vilasantar ao quedar atrapado debaixo dunha árbore nunha leira da súa propiedade.

Sucedeu no lugar de Raído, ao fío das 19:00 horas. Nese momento, os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 Galicia do ocorrido. Nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE-112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e do GES de Curtis.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia liberaron á persoa e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentarios
Lo más