O Estrela Gaels consegue unha vitoria contra o Dorna FG
A inchada local desfrutou da primeira vitoria en campo local neste 2019 nun encontro moi desputado até os últimos compases
Gran partido na capital galega para pechar a xornada de gaélico neste domingo onde se vían as caras o Estrela Gaels, filial do Estrela Vermelha de Compostela e o combinado da Illa de Arousa, o Dorna FG.
A inchada local desfrutou da primeira vitoria en campo local neste 2019 nun encontro moi desputado até os últimos compases.
Un par de boas accións invividuais visitantes ao comezo da segunda metade puxo o partido en alta tensión, mais o bo facer do filial estreleiro deu os seus froitos.
Ao final, 23-16 no marcador e outros dous puntos que soben na clasificación xeral da Liga Galega para os Estrela Gaels.
O fin de semana que ven as equipas compostelanas viaxan a Lalín, onde o feminino se xoga realmente media Liga Galega contra as Herdeiras de Dhais, empatadas na clasificación.