O Concello de Negreira desaconsella o consumo de auga na fonte pública de Vilachán
06:30 15/01/19
06:30 15/01/19
As última análises amosa unha concentración de bacterias que son perxudiciais
A última análise sobre o estado da auga que mana da fonte pública de Vilachán, sobre unha mostra tomada o pasado día 9 de xaneiro de 2019, segue a dar "auga non potable", nos parámetros relativos a bacterias coliformes totais, pois aínda sendo "mínima" a cantidade de bacterias, segundo establece a lexislación vixente, a auga non é potable.
O Concello de Negreira aconsella aos veciños o non consumo da mesma ata coñecer o resultado dunha nova análise, de cara a saber si ditas bacterias desapareceron e volve a ser apta para o consumo das persoas.