Agustín Hernández considera "pobres e decepcionantes" os orzamentos do Estado para Compostela
O voceiro do Grupo Municipal Popular considerou que “estas contas non veñen máis que a ratificar o abandono por parte do Goberno da esquerda á capital de Galicia”
Grupo Municipal Popular considera “totalmente decepcionantes e pobres” os orzamentos do Goberno de Pedro Sánchez para Santiago para o ano 2019, posto que baixan en máis dun 47 por cento respecto ás contas do anterior Exercicio.
Para o voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, estes orzamentos “non veñen máis que a certificar o total abandono por parte do Goberno da esquerda á capital de Galicia”, algo que queda reforzado cando se pode contemplar como Galicia é a Comunidade autónoma parada nas contas de Sánchez, cun descenso, respecto ás de 2018 dun 19%, o máis importante de toda España.
“Con estes orzamento tíranse por terra algunhas das infraestruturas máis importantes para Santiago nos vindeiros anos”, subliñou Agustín Hernández, quen puxo como exemplo unha obra clave para a capital de Galicia que desaparece das contas do socialista Pedro Sánchez, como é a conexión da A-54 coa autoestrada AP-9, o chamado enlace orbital, que non contará cunha conta específica.
Por outra banda, coa partida que destina o Goberno central á depuradora de Santiago para o ano 2019, so 65.000 euros, os populares queren deixar constancia da "ocorrencia do alcalde ao mudar a instalación de sitio", “que os prazos son moito máis longos do que inventa Compostela Aberta, polo que Santiago seguirá vertendo ao río Sar por moitos máis anos e, o que complica as cousas, posto cada vez queda máis lonxe o mantemento dos fondos Europeos”.