CxG pide a reversión da parcela libre en Xoán XXIII
Compromiso lamenta que non se teña actuado dende hai unha década
Xoán Bascuas pide a reversión da parcela de Xoán XXIII, que na actualidade é propiedade da Xunta por cesión do Concello, e non se ten previsto ningúnha actuación na mesma.
Dende Compromiso piden que se desenvolva o proxecto previsto de vivenda pública protexida para xóvenes de menos de 35 anos, cun edificio integrado na contorna e en réxime de alugueiro. Segundo apunta Bascuas “no escenario de burbulla en materia de vivenda non se poden desaproveitar os recursos públicos".
A formación galeguista ve unha falta de vontade por parte das administracións para dotar de uso unha parcela que se atopa nun enclave privilexiado, xa que” a vivenda pública non debe ficar arrinconada no entramado urbano, senón ser protagonista da construción da propia cidade”.