miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio nunha nave industrial de Porriño

Incendio nunha nave industrial de Porriño
Foto de arquivo
Incendio nunha nave industrial de Porriño

Nestes momentos os servizos de emerxencias traballan na súa extinción

O CIAE 112 Galicia recibiu unha alerta a través dos Bombeiros do Baixo Miño, ás 11:40 horas, por un incendio industrial declarado na nave número catro do Polígono das Gándaras, no Porriño.

Nestes momentos os servizos de emerxencias traballan na súa extinción. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume está a afectar a uns filtros de grandes dimensións próximos a un silo de áridos.

Nada máis ter constancia do incendio, desde o CIAE-112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros de Vigo e se pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil.

Comentarios
Lo más