Falece un operario tras caerlle unha árbore encima
13:32 10/01/19
13:32 10/01/19
Sucedeu no lugar de Queixas, ao fío das 11:10 horas
Un traballador faleceu esta mañá ao caerlle unha árbore encima en Cerceda. Sucedeu no lugar de Queixas, ao fío das 11:10 horas.
Nese momento, unha persoa particular alertaba do accidente laboral ao 112 Galicia. Acto seguido, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar dos feitos ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Ademais, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros de Ordes, de Protección Civl e da Policía Local.
Unha vez no lugar do accidente laboral, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do home.