Os populares reclaman a Compostela Aberta a reparación do firme no acceso ás dársenas de autobuses do colexio La Salle e na entrada da rúa Caramoniña
Neste momento, na marxe dereita da rúa de Ramón del Valle Inclán, en sentido ascendente, pouco despois de pasar o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pódese apreciar o notable deterioro que presenta o firme de cantería
O grupo municipal Popular presentará no vindeiro Pleno un rogo co fin de que Compostela Aberta proceda á reparación do firme no acceso ás dársenas de autobuses do colexio La Salle e na entrada da rúa Caramoniña.
Neste momento, na marxe dereita da rúa de Ramón del Valle Inclán, en sentido ascendente, pouco despois de pasar o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pódese apreciar o notable deterioro que presenta o firme de cantería que fai as funcións de beirarrúa e que serve de acceso para a ruela de Caramoniña e as dársenas de autobuses anexadas ao aparcadoiro de La Salle.
Esta situación estase a manter desde hai varios meses e cada paso vaise agravando, ata o punto de poñer en risco a seguridade peonil ao tempo que ameaza con pasar factura ante posibles desperfectos nos vehículos que fan uso deste acceso, posto que, tal e como se pode apreciar nas imaxes que se achegan como anexo, o afundimento dun zona de unión da calzada e do acceso e zona peonil ocasiona un firme irregular, no que cada paso máis se van acentuando uns afiados perfís que cómpre evitar en beneficio de persoas e vehículos.