miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Luisa Feijóo, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ames, responde á polémica xerada polo servizo de "Xantar na casa"

Luisa Feijóo, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ames, responde á polémica xerada polo servizo de "Xantar na casa"
Foto de arquivo
Luisa Feijóo, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ames, responde á polémica xerada polo servizo de "Xantar na casa"

A polémica xerouse nas redes sociais a partires dunha nota de prensa que emitiu o PP de Ames

Despois da polémica xerada nas redes sociais entorno ao servizo do Concello de Ames "Xantar na casa" a partires dunha nota de prensa que emitiu o PP de Ames, e que este mesmo medio fixo pública no día de onte, decidimos contrastar a información proporcionada polo PP e puxémonos en contacto coa Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ames, Luisa Feijóo. A concelleira califica de "arroutada" a nota de prensa do PP xa que, segundo afirma a este medio, a oposición en ningún momento preguntaou polo servizo, sobre como ía transcorrendo o sobre o estado. 

Para poñer un pouco en antecedentes, Luisa Feijóo relata que o Concello de Ames adheriuse ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o 23 de xullo de 2007. O Consorcio puxo en fucionamento o servizo de Xantar na Casa en 2008, e foi este Goberno quen solicita adherirse o Programa de "Xantar na Casa" o 27 de outubro de 2016 entendendo que é un bo servizo e que podería complementar o Servizo de Axuda no fogar, "xa que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes que non poidan valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas ca compra e elaboración de menús". O Consorcio atende esta petición en marzo de 2018, lévase a Pleno a adhesión a dito Convenio o 5 de abril de 2018 e o convenio asínase formalmente o 4 de xuño de 2018.

Tamén incide en que "non é preciso unha ordenanza para poñer en marcha o servizo (como así no lo manifestaron dende o Consorcio e veñen facendo outros Concellos), senón que o propio texto de convenio asinado funciona como regulamento". 

Aínda así para unha maior transparencia e un mellor acceso o servizo, por parte dos Servizos Sociais elaborouse un Regulamento que leva en exposición pública e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía dende o 5 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

Paralelamente a elaboración de dito regulamento trasladóuselle a información a todos os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (77) para que aqueles que quixeran se poidesen adherir o programa , e así poder pasar a unha segunda fase de solicitude para aqueles veciños e veciñas que sin ser usuarios de SAF e que reunan os requisitos poidan acceder ao mesmo.

Feijóo afirma que a día de hoxe o servizo está en funcionamento e xa hai altas dende o día 13 de decembro. Ademáis añade que as declaracións do PP, "aparte de demostrar un descoñecemento absoluto do servizo e o seu funcionamento, dan a demostrar unha vez máis o seu desprezo e o descoñecemento do traballo feito polos traballadores do Concello e máis dun departamento saturado e que traballa con e para as persoas, cun volume de traballo q aunenta cada ano. Xa non é solo que haxa máis volumen de atencións senón que ademais esas demandas son cada vez máis complexa". Pese a todo eso e a profesionalidade dos traballadores/as dos Servizos Sociais, as cousas van saíndo para diante e temos o orgullo de poder decir que neste último ano incrementáronse nun 20% as horas de axuda no fogar, fomos quen de poñer en marcha o fogar de tránsito, a renda básica, incrementando en mais dun 400% as axudas de emerxencia municipal e por moito que lles pese o programa "Xantar na casa".

Comentarios
Lo más