miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicada a pavimentación da rúa Irmandiños no casco urbano de Ribeira

Adxudicada a pavimentación da rúa Irmandiños no casco urbano de Ribeira
Foto de arquivo
Adxudicada a pavimentación da rúa Irmandiños no casco urbano de Ribeira

A actuación foi adxudicada a Nemesio Ordóñez, S.A

O Concello de Ribeira informa de que foron adxudicadas as obras de pavimentación da rúa Irmandiñas, situadas no casco urbano da cidade conectando o entorno do cemiterio municipal coa rúa Rosalía de Castro.

O vial en cuestión será pavimentado con aglomerado asfáltico, posto que o seu firme non presenta o estado adecuado por mor das obras instalación de distintos servizos. Antes de proceder a estender unha capa de bituminosa en quente nunha superficie de 1.430 metros cadrados será fresado o pavimento existente.

A actuación foi adxudicada a Nemesio Ordóñez, S.A. Comporta un investimento de 19.940 euros e o prazo de execución é dun mes.

Comentarios
Lo más