Convocada para hoxe unha manifestación do persoal de Urxencias do Clínico
Terá lugar ás 19:00 horas e salirá dende a Praza Roxa
O Comité de Folga de Urxencias do Hospital Clínico chama a participar na manifestación convocada hoxe en Santiago para reivindicar medios técnicos e humanos que garanticen una atención de calidad y digna para los usuarios/as del servicio. Terá lugar hoxe ás 19:00 horas que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela partindo dende a Praza Roxa e chegando á Praza de Praterías.
Dende o día 12 de Novembro, os traballadores de todos os colectivos do Servizo de Urxencias do Hospital Clínico, están en folga ante o nulo ou escaso recoñecemento, tanto por parte da Xerencia como da Consellería de Sanidade. As súas reivindicacións non son máis que a procura de calidade na atención e a dignificación para os usuarios do servizo, tanto na procura de medios técnicos, espazos, como de persoal de atención.