Ferida unha muller que iba en patinete eléctrico e chocou contra un turismo
13:29 08/01/19
13:29 08/01/19
O accidente, que tivo lugar á altura do número 18 da rúa do Padre Fernando Olmedo, deixou ferida á muller que conducía o patinete
O 112 Galicia tivo constancia neste mediodía dunha colisión entre un patinete eléctrico e un turismo en Pontevedra.
O accidente, que tivo lugar á altura do número 18 da rúa do Padre Fernando Olmedo, deixou ferida á muller que conducía o patinete.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 12:30 horas para dar conta do ocorrido. Acto seguido, os xestores do CIAE-112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Pontevedra.