miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladada unha muller por un escape de gas no seu domicilio na Coruña

Trasladada unha muller por un escape de gas no seu domicilio na Coruña
Foto de arquivo
Trasladada unha muller por un escape de gas no seu domicilio na Coruña

O suceso tivo lugar sobre as 21:30 horas no lugar de Bens

A pasada noite, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a unha muller de avanzada idade a causa dun escape de gas no seu domicilio, causado por unha estufa de carbón.

Segundo informa o 112 Galicia, o suceso produciuse pasados uns minutos das 21:30 da noite de onte, nunha vivenda situada na parroquia de Visma, concretamente no lugar de Bens.

Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia dos feitos e, nada mais recibir o aviso, dende o CIAE-112 pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos Bombeiros de Coruña para realizar as medicións pertinentes no domicilio. Tras as cales, confirmouse unha concentración positiva de monóxido de carbono na vivenda. Unha vez confirmada a existencia da fuga, procedeuse a ventilar a casa antes de finalizar a intervención.

Comentarios
Lo más