miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas propón un estudo sobre o proxecto do cruzamento dos Concheiros

Bascuas propón un estudo sobre o proxecto do cruzamento dos Concheiros
Foto de arquivo
Bascuas propón un estudo sobre o proxecto do cruzamento dos Concheiros

Compromiso ve con preocupación que a proposta empeore a seguridade viaria na zona


Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, vén de expresar a súa inquedanza polo proxecto do cruzamento dos Concheiros. 

Os galeguistas manifestan a súa preocupación, xa que temen que o proxecto dos Concheiros empeore a seguridade viaria nunha zona con tanto tráfico de vehículos e peóns polo paso do Camiño Francés. Dende Compromiso consideran que “se debe facer un estudo máis elaborado sobre as incidencias que pode ter para o tráfico poñer unha praza elevada con prioridade peonil nunha avenida con semellante volume de tráfico”.

Segundo Bascuas, “está ben querer mellorar o Camiño de Santiago dentro do termo municipal, pero sen que isto supoña un risco para as persoas”.

Comentarios
Lo más