miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arden tres caravanas e un turismo no concello ourensán de Taboadela

Arden tres caravanas e un turismo no concello ourensán de Taboadela
Arden tres caravanas e un turismo no concello ourensán de Taboadela

Segundo se indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción ao fío das 11:15 horas

Os efectivos de emerxencia tiveron que sofocar un incendio que calcinou por completo tres caravanas e deixou un turismo parcialmente afectado no concello ourensán de Taboadela. Os vehículos estaban estacionados na N-525, á altura do punto kilométrico 227, na zona do Mesón de Calvos.

Pasados uns minutos das 9:15 horas da mañá de hoxe, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para informar dunha caravana ardendo dentro dunha propiedade privada. Segundo o seu relato, non había ninguén dentro do vehículo.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro e tamén à Garda Civil.

Segundo se indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción ao fío das 11:15 horas.

Comentarios
Lo más