Colisión de 15 coches por mor do xeo en Arteixo
15:05 07/01/19
15:05 07/01/19
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos antes das 9:30 horas da maná a través da chamada dunha persoa particular
En Arteixo, quince vehículos se viron implicados nunha colisión múltiple causada polo xeo na estrada AC-552, á altura da Báscula, ao carón da AG-55, sen que ningunha persoa resultase ferida. Iso si, debido ao accidente, a circulación na vía viuse condicionada.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos antes das 9:30 horas da maná a través da chamada dunha persoa particular.
Acto seguido o persoal do CIAE-112 informou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e aos servizos de mantemento da estrada.