miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece o condutor dun camión nun accidente de tráfico en Coirós

Falece o condutor dun camión nun accidente de tráfico en Coirós
Falece o condutor dun camión nun accidente de tráfico en Coirós

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que o condutor do camión, única vítima do sinistro, se encontraba atrapado e falecido no interior do vehículo

O condutor dun camión faleceu esta mañá tras un accidente na A-6, en Coirós, no punto quilométrico 561.

Ao redor das 10:30 horas, varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha colisión múltiple cun ferido posiblemente atrapado dentro dun dos vehículos involucrados.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos, à Garda Civil de Tráfico e tamén ao servizo de mantemento da autovía.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que o condutor do camión, única vítima do sinistro, se encontraba atrapado e falecido no interior do vehículo.

Nestes momentos, os Bombeiros de Betanzos se atopan no lugar do accidente á espera da autorización das forzas da orde para levar a cabo a excarceración do corpo do falecido.

Comentarios
Lo más