miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Ponteareas

Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Ponteareas
Foto de arquivo
Dúas persoas feridas ao saírse da estrada en Ponteareas

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 22:00 horas de onte

Unha saída de vía en Ponteareas, concretamente no punto quilométrico 1 da PO-254, saldouse con dúas persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas ao Hospital do Castro.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 22:00 horas e, tras recibir a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Garda Civil de Tráfico, do GES e dos Bombeiros de Ponteareas, da Policía Local, do servizo de mantemento da estrada e de Protección Civil.

Comentarios
Lo más