Arde un alpendre en Caldas de Reis
09:49 07/01/19
09:49 07/01/19
Ocorreu ao fío das 20:20 horas, á altura do número 9 da rúa de San Roque
Un alpendre ardeu practicamente por completo xunto cos materiais que se almacenaban no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Ocorreu ao fío das 20:20 horas, á altura do número 9 da rúa de San Roque de Caldas de Reis.
O 112 Galicia tivo constancia do incendio grazas a chamada dunha persoa particular. Nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE-112 puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros do Salnés, do GES de Valga, da Policía Local e de Protección Civil.
Segundo informa o 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción do incendio sobre as 21:30 horas.