Preto dun cento de incidencias nas estradas galegas por mor do xeo
Ningunha das incidencias rexistradas revestiu extrema gravidade, aínda que producíronse dous accidentes de circulación nas que resultaron feridas outras tantas persoas
O 112 Galicia atendeu preto dun cento de avisos pola formación de placas de xeo nas estradas galegas.
Desde as últimas horas da tarde do sábado ata as 18 horas de onte, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recolleu case un cento de chamadas relacionadas coa presenza de xeo en vías e rúas das que se informou en cada caso aos organismos correspondentes co fin de adoptaren as medidas oportunas.
Ningunha das incidencias rexistradas revestiu extrema gravidade, aínda que producíronse dous accidentes de circulación nas que resultaron feridas outras tantas persoas.
Os sinistros localizáronse nas localidades de A Peroxa e Cambados. En ambos os dous casos, os vehículos implicados saíronse da vía por mor do xeo e no caso de Cambados o coche bateu contra un indicador da estrada. Tamén nos dous casos, os afectados foron trasladados polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias aos centros médicos de referencia.