miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre un home tras caer ao mar en Coruña

Morre un home tras caer ao mar en Coruña
Morre un home tras caer ao mar en Coruña

Á chegada dos servizos de emerxencias, a vítima xa estaba fóra da auga, polo que descartouse a intervención dos equipos de salvamento

Un home perdeu a vida este mediodía tras caer ao mar no Portiño, na Coruña.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso tivo lugar na zona portuaria de San Pedro de Visma, a onde se dirixiron os profesionais sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Á chegada dos servizos de emerxencias, a vítima xa estaba fóra da auga, polo que descartouse a intervención dos equipos de salvamento. 

Non obstante, desde o 112 Galicia, deuse aviso aos axentes da Policía Nacional para tratar de aclarar as circunstancias que rodearon este suceso, aínda que, inicialmente, sospeitan que se tratou dunha caída accidental.

Comentarios
Lo más