Bertamiráns e Milladoiro despertan con pancartas revindicativos da Policía Local
Segue o conflito entre o alcalde de Ames e a Policía Local
No medio do conflito que está a ter o Concello de Ames coa Policía Local, O Milladoiro e Bertamiráns amaneceron empapelados de pancartas dirixidos ao alcalde e firmados por a Policía Local de Ames. Nos carteis a Policía Local expresa o seu malestar debido a situación actual que están a pasar e critican ao alcalde e a súa actuación.
O conflito coa Policía Local xa ven de lonxe, o cal estoupou o verán pasado. A Policía Local pide o complemento específico pero o alcalde, para a súa negación ante a petición, escúdase nos informes de intervención os cales din que non é viable a subida de soldo.
Nestas pancartas pódese leer que o alcalde de Ames, José Miñones, "discrima a policía local". Estos mensaxes poden lerse na avenida da Peregrina, na rúa Ameneiral, xunto á Casa do Concello en Bertamiráns e na ponte peonil do Milladoiro.