miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos e nenas de Touro e visitan o Belén Vivinte

Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos e nenas de Touro e visitan o Belén Vivinte
Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos e nenas de Touro e visitan o Belén Vivinte

Melchor, Gaspar e Baltasar terán esta noite a dura tarefa de repartir xoguetes a todos os pequenos e maiores do Concello de Touro

Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis as Súas Maxestades os Reis de Oriente, que onte á tarde chegaron na súa carroza ao Concello de Touro. Os tres Reis Magos repartiron agasallos e ilusión entre todos os máis pequenos e tamén os maiores. Durante a mañán percorreron na súa carroza as parroquias de Touro. Todos os nenos e nenas recibiron ás Súas Maxestades. 

Xa a primeira hora da tarde Melchor, Gastar e Baltasar chegaron ao Pavillón Municipal de Deportes, onde estaba instalado o Belén Vivinte. Alí repartiron xoguetes a todos os nenos e nenas. Os máis novos e os maiores disfrutaron dunha tarde máxica. As bancadas do Pavillón Municipal de Deportes de Touro estaban cheas para recibir as Súas Maxestades. A Banda de Música Isabel II de Touro tamén participou no festival de Reis coa súa música.

O Belén Vivinte, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos e nenas de Touro. Contou, como todos os anos, con todos os detalles: Portal de Belén co Neno Xesús, María e San Xosé; o río e a súa ponte, o Castelo de Heródes, o Deserto, os pastores, as ovellas, os postos do mercado, os panadeiros, a pousada… A primeira hora da tarde comenzou a animación en Touro.

Os Reis Magos iniciaron a súa andaina polas rúas de Fonte Díaz arredor das 16.30 horas. Saíron dende a residencia ‘Os Tercios’. O sol luciu durante toda a xornada, ainda que os Magos trouxeron temperaturas baixas e moito frío. Mentras tanto, diversas animacións, incluidos os villancicos dos máis pequenos, entretiveron aos nenos e nenas que esperaban no Pavillón Municipal de Deportes. 

As Súas Maxestades chegaron recibidos por foguetes a eso das cinco da tarde ao Belén Viviente, onde visitaron ao Neno Xesús, á Virxe María e máis a San Xosé, tamén estaban os anxiños e os pastores. Fixéronlles os Reis Magos unha ofrenda e logo situáronse nos seus tronos para escoitar a homenaxe da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas.

Os nenos e nenas de Touro foron pasando un a un a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Éstos fixéronlles entrega dun agasallo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas de última hora que ainda non lles mandaran. 

Despois houbo chocolate e churros para todos, para grandes e pequenos. A última hora da tarde os Reis Magos retiráronse, xa que esta noite teñen a dura tarefa de repartir agasallos a nenos e tamén a os maiores do Concello de Touro. 

Comentarios
Lo más