miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 2.000 persoas puideron ver os Reis Magos en Oroso

Máis de 2.000 persoas puideron ver os Reis Magos en Oroso
Máis de 2.000 persoas puideron ver os Reis Magos en Oroso

Os Reis Magos repartiron regalos e a festa rematou ás nove de noite.

Máis de 2.000 persoas disfrutaron onte da maxia dos Reis Magos no Concello de Oroso, nunha cabalgata chea de novidades e sorpresas para os máis pequenos que tamén fizo as delicias dos seus familiares.

Tal e como estaba previsto, a comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar saiu ás 18:00 horas do CEIP do Camiño Inglés para facer un percorrido polas rúas de Sigüeiro. Os Reis Magos repartiron caramelos e saudaron a todos os nenos e nenas de Oroso.

Ás 18:30 horas, as súas Maxestades foron recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal, presidida polo alcalde Manuel Mirás. Acto seguido, a comitiva dirixiuse ata o pavillón de deportes, onde celebrouse unha gran festa infantil con Troi, inchables, animación musical, xogos, karaoke e lambonadas para todos os nenos e nenas.

Comentarios
Lo más