Ames recibe aos Reis Magos cunha gran festa en Bertamiráns e Milladoiro
A tarde deste sabado de reis comezou no Concello de Ames coas Súas Maxestades acudindo ás Oficinas municipais do Milladoiro, ás 17:00h, e á Casa do Concello de Bertamiráns, ás 18:00h
Gaspar, Melchor e Baltasar pasaron onte por Ames para saudar as nenas e nenos do concello. Ás 17:00h e ás 18:00 horas, respectivamente, os Reis achegáronse ás Oficinas municipais do Milladoiro e á Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas.
Posteriormente, recorreron as rúas das dúas localidades nun vehículo antigo, acompañados dos seus paxes e heraldos. A súa chegada aos pavillóns municipais estivo marcada polo entusiasmo das máis cativas e cativos, os cales puideron desfrutar de espectáculos de maxia e de pompas. Nos 90 minutos que durou o recibimento real repartíronse caramelos sen glute, así como chocolate con rosca para merendar. Os Reis Magos tamén entregaron os premios do concurso de Cartas de Nadal.
A tarde deste sabado de reis comezou no Concello de Ames coas Súas Maxestades acudindo ás Oficinas municipais do Milladoiro, ás 17:00h, e á Casa do Concello de Bertamiráns, ás 18:00h, para firmaren no libro de sinaturas municipal. Alí foron recibidos por diferentes membros da corporación municipal.
Posteriormente, ás 17:30h e ás 18:30 horas, respectivamente, os Reis chegaron nun vehículo antigo, acompañados polos seus paxes e heraldos, aos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns, onde xa eran esperados por centos de nenas e nenos acompañados das súas familias.
No Milladoiro, os reis percorreron as rúas Agro do Medio e dos Cereixos, así como a Travesía do Porto, antes de chegaren ao pavillón municipal. Pola súa banda, en Bertamiráns, os Reis partiron da praza do Concello e recorreron as avenidas da Maía e da Peregrina. Nas dúas localidades producíronse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pasou a comitiva real.
O discurso do alcalde, José Miñones, marcou o inicio da Festa de Reis nos pavillóns municipais, tralo que o rei Melchor transmitiu ás nenas e nenos congregados unha mensaxe chea de ilusión e ledicia, e prometeulles non esquecer ningún fogar amesá durante a súa visita nocturna. Asemade, cada un dos tres Reis Magos trouxo de regalo un espectáculo, polo que Melchor foi o encargado de presentar o primeiro dos espectáculos.
O segundo espectáculo foi presentado polo rei Gaspar, mentres que Baltasar presentou a terceira das actuacións. A primeira delas consistiu nun espectáculo de maxia e acrobacias aéreas da man da Maga Amelie, a segunda nunha demostración de pompas xigantes de Willy Pomper e a terceira baseouse nun espectáculo de luz e baile por parte de Mirror Led.
Despois da realización das exhibicións, as nenas e nenos puideron achegarse aos Reis para conversar e fotografarse con eles. Nos dous actos, que duraron aproximadamente 90 minutos cada un, serviuse chocolate con rosca para toda a veciñanza que a acudiu aos pavillóns polideportivos. Ademais, durante a tarde, o rei Melchor aproveitou para facer entrega dos premios do concurso de Cartas de Nadal ás crianzas gañadoras.