Xunta e Concello participaron na ofrenda floral da morte de Valle-Inclán
A este acto conmemorativo tamén asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades e representantes do mundo da cultura da Comunidade
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou onte ao mediodía na ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán, posto que hoxe se cumpren 83 anos do seu pasamento en Compostela.
Con motivo desta efeméride, o titular do departamento autonómico destacou que foi un dos grandes renovadores da novela do século XX e que o seu legado “segue a medrar tal e como lle corresponde a alguén que crea un mundo a través dunha linguaxe nova”.
A este acto conmemorativo tamén asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades e representantes do mundo da cultura da Comunidade.