miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames daralle a benvida aos Reis Magos cunha festa

Ames daralle a benvida aos Reis Magos cunha festa
Ames daralle a benvida aos Reis Magos cunha festa

As nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial

Hoxe, 5 de xaneiro, celébrase a noite de Reis, unha das máis esperadas polos cativos e cativas. Por elo, as nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. 

Antes da súa chegada, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, percorrerán as rúas do Milladoiro e Bertamiráns ata os pavillóns municipais, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.

Antes de entregárense a unha noite chea de traballo, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán polo Concello de Ames para visitar e coñecer ás nenas e nenos amesáns. Co obxectivo de asinaren o libro de sinaturas municipal, os Reis Magos serán recibidos nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello en Bertamiráns, ás 18:00 horas. 

Posteriormente, as Súas Maxestades percorrerán, en coche, as rúas do Milladoiro (rúa Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (praza do Concello e avenidas da Maía e da Peregrina). Nas dúas localidades produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pase a comitiva real.

A recepcións aos Reis, unha grande festa que se desenvolverá nos pavillóns municipais, comezará ás 17:30h no Milladoiro e ás 18:30 en Bertamiráns. 

A festa incluirá dous espectáculos de maxia da man da maga Amelie e Mirror Led, e unha función con pompas de xabón de Willy Pomper. Ademais, de merenda haberá chocolate con rosca. A recepción real desenvolverase ao longo de 90 minutos, no que as nenas e nenos asistentes se poderán fotografar e conversar cos Reis Magos de Oriente.

Comentarios
Lo más