miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Negreira prepara os seus últimos detalles para recibir aos Reis Magos

Negreira prepara os seus últimos detalles para recibir aos Reis Magos
Negreira prepara os seus últimos detalles para recibir aos Reis Magos

O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello

Os Reis Magos ultiman a súa chegada a Galicia e, en particular, de cara a participar na Cabalgada de Reis en Negreira durante a tarde do sábado 5 de xaneiro, acompañados polos paxes reais que este ano estrean traxe. 

O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello, onde as súas Maxestades saudarán a tódolos nenos e nenas dende o balcón consistorial, sendo recibidos polo Alcalde.

NOVIDADES

Este 2019 a Cabalgada de Reis contará cunha gran animación, a cargo de personaxes de Elfos e de Disney, de muñecos con luces, zancudos, os Xigantes de Liñaio, ademáis de dous vehículos con agasallos, gaiteiros e a Banda Municipal de Música.

Os Reis Magos pasearán por Negreira nas súas carrozas engalanadas. Está previsto que pasen pola Carreira de San Mauro, a avenida de Santiago, a rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, avenida das Brañas, Cachurra e a rúa do Carme. Trala recepción, continuarán o seu percorrido polo Camiño Velo e a rúa do Corzán, ata chegar ao pavillón do colexio do Coto. Durante o percorrido da Cabalgada, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal. E diante da Casa do Concello, acotarase o espazo necesario sen aparcamento de coches.

A FESTA

Os nenos e as nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar recibirán un agasallo e poderán entreterse cos personaxes de Disney, os Elfos e toda a animación participante na Cabalgada.

Comentarios
Lo más