miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un total de 36 nenos participaron durante este Nadal do Programa Municipal de Conciliación

Un total de 36 nenos participaron durante este Nadal do Programa Municipal de Conciliación
Un total de 36 nenos participaron durante este Nadal do Programa Municipal de Conciliación

O eixo temático que se seguiu nesta edición foi "O arte no Nadal"

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, clausurou este venres unha nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, no que participaron 36 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

O Programa Municipal de Conciliación desenvolveuse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro no CEIP Monte dos Postes con servizo de comedor. Este programa ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ofrece aos nenos e nenas unha alternativa de lecer no tempo libre desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

O eixo temático que se seguiu nesta edición foi "O arte no Nadal". Por iso, a través de diferentes actividades, os e as participantes coñeceron as diferentes manifestacións artísticas (pintura, escultura, música, baile, cociña...) tendo como obxectivo fundamental o desenvolvemento da súa creatividade dende un enfoque lúdico e a través de xogos e dinámicas grupais.

A coordinadora do programa, Verónica Martínez, sinalou que "o que se pretendeu foi fomentar a creatividade dos nenos e as nenas a través da realización dun mural, xogos de exterior ou pintura e escultura".

Pola súa banda, Manuel Dios sinalou que "a idea é ampliar o programa de conciliación ao mes de agosto, respondendo a unha vella demanda educativa e realizar unha única licitación con todos os períodos vacacionais".

Para rematar o ano 2018, os participantes realizaron unha saída á pista de xeo instalada na Alameda.

Comentarios
Lo más