miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo

Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo
Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo

O prazo de recepción de traballos finalizará o 24 de abril de 2018

Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan a XL edición do Premio de Periodismo Julio Camba para artigos escritos en castelán e a XVI edición do Premio Francisco Fernández del Riego para textos realizados en galego, unha referencia ambos os dous dentro do seu ámbito. O prazo de recepción de traballos finalizará o 24 de abril de 2018.

A esta nova convocatoria poderanse presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital. Só se permite aportar un texto por autor, que fose recollido en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

O xurado, conformado por profesionais no campo xornalístico, literario e académico, dará a coñecer o seu veredicto no primeiro semestre de 2019. Cada un dos premios está dotado con 6000 €. Entre os gañadores destes dous galardóns podemos sinalar, entre os máis recentes, nomes tan importantes como Pedro Ugarte, Ramón Pernas, Andrés Trapiello, Manuel Rivas, Santiago Lamas, Ángeles Caso, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Darriba, Luis Ventoso, Manuel Bragado, Ignacio Camacho, Luís Pousa, Ramón Loureiro, Tamara Montero, Miguel Anxo Murado, María Varela, e Ricardo F. Colmenero e Santiago Jaureguízar, gañadores da última edición.

Comentarios
Lo más