Rescatan a unha muller en Boiro tras envorcar o seu vehículo
13:38 04/01/19
13:38 04/01/19
Ocorreu ao fío das 8:30 horas na AC-305, á altura do punto quilométrico 21.
Unha muller resultou ferida esta mañá en Boiro ao saírse da vía e rematar envorcado o turismo no que circulaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro, despois de quedar atrapada no interior do vehículo accidentado.
O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias e, nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, desde o 112 Galicia pasouse o aviso ao servizo de mantemento da estrada.