miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos chegan a Oroso nunha cabalgata chea de sorpresas

Os Reis Magos chegan a Oroso nunha cabalgata chea de sorpresas
Os Reis Magos chegan a Oroso nunha cabalgata chea de sorpresas

Ás 18:15 horas, as súas Maxestades serán recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal

O Concello de Oroso celebra hoxe, sábado día 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata e Festa de Reis, que este ano chega chea de novidades e sorpresas.

A comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 18:00 horas do CEIP do Camiño Inglés para facer un percorrido polas rúas de Sigüeiro: avenida de Compostela (N-550), rúa do Portiño, rúa Insua, praza de Alexandre Bóveda, rúa do Medio, rúa do Portiño, avenida de Compostela, praza da Foca, avenida da Garabanxa, rúa do Concello, rúa Río Lengüelle, avenida de Compostela e rúa do Xuncal ata a praza Isaac Díaz Pardo.

Ás 18:15 horas, as súas Maxestades serán recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal, presidida polo alcalde Manuel Mirás. Acto seguido, a comitiva dirixirase ata o pavillón de deportes, cunha chegada prevista ás 19:00 horas.

Alí terá lugar unha gran festa infantil con Troi, inchables, animación musical, xogos, karaoke e lambonadas para todos os nenos e nenas. O polideportivo non abrirá as súas portas ata pasadas as 18:30 horas.

Para garantir a seguridade dos centos de persoas que asistirán á cabalgata, o Concello de Oroso ten preparado un dispositivo especial integrado por membros da Policía Local e Protección Civil de Oroso, que se encargarán de velar polo correcto desenvolvemento do evento.

A maiores, o Concello de Oroso habilitou a alameda de Góis como lugar provisional de aparcamento para paliar a supresión de prazas de aparcamento.

Comentarios
Lo más